para os que viaxan un libro de kavafis, unha novela sobre osiños, unha chamada perdida , unha libreta en branco para escribir todo o novo, un sorriso grande para botar man del cando as cousas se poñan de morriña, unha maleta cargada dos mellores desexos, unha canción alegre que acompañe a aterraxe, un anaquiño de papel cheo de plans para os primeiros días, unhas zapatillas que quenten co calor da casa...aínda que para viaxar, abonda cun plano do mundo enteiro que se abre entre as nubes.
;)






